
O 24 de maio terá lugar un encontro online para mozos e mozas que traballan no sector agroalimentario galego que se centrará na Incorporación á actividade agrogandeira.
Tratarase de achegar propostas, suxestións, estratexias e aspectos clave na posta en marcha da actividade, para abrir as expectativas da mocidade á realidade da actividade na empresa agrogandeira e o cooperativismo agroalimentario.
- Desenvolverase de 11:00 a 14:00h.
- As persoas interesadas poden inscribirse facendo click nesta ligazón.