40 persoas aprenden a traballar con drons no sector agroforestal e na captura-procesado da información con UVAS nunha xornada financiada e organizada pola Deputación de Lugo xunto á Universidade de Santiago e á colaboración da FIA

Xornada Técnica Drons
nov 29 2024

40 persoas aprenden a traballar con drons no sector agroforestal e na captura-procesado da información con UVAS nunha xornada financiada e organizada pola Deputación de Lugo xunto á Universidade de Santiago e á colaboración da FIA

Este venres 29 de novembro celebrouse en Lugo a Xornada Técnica de Drons: RPAs na Oficina Técnica, un evento financiado pola Deputación de Lugo, que tamén se encargou da organización xunto á Universidade de Santiago e coa colaboración da Fundación Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia que promove o Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, que a súa vez foi patrocinador do evento.

A xornada comezou na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo, onde representantes da empresa Fortop (Formación Topografía), responsables de impartir a formación, explicaron aos 40 participantes a parte teórica do evento.

Nun primeiro módulo fixeron unha introdución aos RPAs, amosaron a súa aplicación no sector agroforestal e comentaron a normativa que hai que ter en conta para o seu uso. Deseguido os participantes na xornada desprazáronse ao Campo de Voo do Clube de Aeoromodelismo Lavanco para desenvolver a parte práctica (módulo II) da xornada. Alí aprenderon fotogrametría aérea con RGB e RTK e voo multiespectral. Por último, os participantes regresaron á Escola Politécnica Superior, onde volcaron os datos da práctica de voo e traballaron nas súas diferentes aplicacións prácticas. Finalmente desenvolveuse o derradeiro módulo do evento, unha mesa de debate na que se analizou o momento actual da tecnoloxía obxecto da xornada así como as súas perspectivas de uso nos vindeiros anos.

 

 

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment