A Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade abre o prazo de preinscrición para o Curso de Especialización en Sustentabilidade e Innovación Social ( CESIS)

Slide_preinscripción_WEB_curso-2021-2022
Sep 30 2021

A Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade abre o prazo de preinscrición para o Curso de Especialización en Sustentabilidade e Innovación Social ( CESIS)

A Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade abre o prazo de preinscrición para o Curso de Especialización en Sustentabilidade e Innovación Social ( CESIS), que será impartido durante o primeiro semestre de 2022.
Os interesados en acceder a este título propio de posgrao da Universidade da Coruña poderán presentar a correspondente solicitude de preinscrición entre o 27 de setembro e o 12 de novembro de 2021 a través da páxina web.
Esta formación de posgrao tratará de maneira transversal, multidisciplinar e desde unha perspectiva eminentemente práctica, a sustentabilidade e a responsabilidade e innovación social de administracións públicas, empresas e entidades non lucrativas, poñendo o foco nas iniciativas máis innovadoras que sexan capaces de crear conxuntamente valor económico, social e ambiental.

+ Información

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment