A directiva do Consello Galego de Enxeñerías (CGES), do que forma parte o COIAG, reuniuse este venres 21 co presidente da Xunta para presentarlle as liñas de actuación da asociación

deputamadre3
dic 21 2016

A directiva do Consello Galego de Enxeñerías (CGES), do que forma parte o COIAG, reuniuse este venres 21 co presidente da Xunta para presentarlle as liñas de actuación da asociación

A directiva do Consello Galego de Enxeñerías (CGES), da que é secretario Pedro Calaza, decano do Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, reuniuse na mañá deste mércores 21 de decembro en Santiago de Compostela co presidente de Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

O obxectivo deste encontro foi transmitirlle as liñas de actuación futuras do CGES. Feijóo mostrouse moi receptivo ás iniciativas plantexadas, especialmente ás referidas ao sector primario.

Constituido o pasado marzo, o CGES pretende potenciar todas as ramas da enxeñería superior da man de excelentes profesionais. Está formado, ademáis de polo de Agrónomos, por outros 7 colexios de enxeñeiros galegos: o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, o Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, o Colexio de Enxeñeiros de Minas, o Colexio de Enxeñeiros de Montes, o Colexio de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, o Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicacións, e o os Enxeñeiros ICAI.

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment