A Fundación Enxeñaría Agronómica para o Desenvolvemento Rural que impulsa o COIAG terá o apoio da Xunta, que está disposta a participar nela como patrón nato

funda1
ene 22 2018

A Fundación Enxeñaría Agronómica para o Desenvolvemento Rural que impulsa o COIAG terá o apoio da Xunta, que está disposta a participar nela como patrón nato

Imaxe da xuntanza

Imaxe da xuntanza entre a Xunta e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia

A Xunta de Galicia está disposta a participar, como patrón nato, na Fundación Enxeñaría Agronómica para o Desenvolvemento Rural de Galicia que impulsa o Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia. Así o sinalou a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, ao decano do COIAG, Pedro Calaza, nunha xuntanza celebrada o pasado venres en San Caetano á que tamén asistiron o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e a secretaria do COIAG, Alejandra Álvarez de Mon.

Deste xeito, darase unha maior operatividade á cooperación entre o COIAG e a Xunta en materias como, por exemplo, o impulso ás reestruturacións parcelacrias, o apoio ás explotacións agrogandeiras ou o desenvolvemento rural.

A fundación facilitará á Consellería de Medio Rural respaldo técnico no ámbito profesional da enxeñaría agronómica, mediante o traslado de información, a mellora no campo da investigación, o desenvolvemento e a innovación (I+D+i) e en calquera outro no que as competencias dos enxeñeiros sexan de utililidade.

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment