A Fundación Enxeñería Agrónomica para o Desenvolvemento de Galicia colabora nunha xornada sobre o impacto da nova lei do ciclo integral da auga nos concellos que terá lugar o 27 de maio na Coruña

Programa Cátedra DLUDC lei ciclo integral auga vdef_Página_1
May 20 2022

A Fundación Enxeñería Agrónomica para o Desenvolvemento de Galicia colabora nunha xornada sobre o impacto da nova lei do ciclo integral da auga nos concellos que terá lugar o 27 de maio na Coruña

A Fundación Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia, constituída polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia o 5 de xuño de 2021, colabora na xornada que se celebrará na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña o 27 de maio para analizar e debater sobre o impacto que a nova lei galega do ciclo integral terá nos concellos.

Como sinala a web da Cátedra Emalcsa-UDC, organizadora do evento xunto á Cátedra de Dereito Local da universidade herculina, a xornada «ten como obxectivo analizar os desafíos que presenta para os poderes públicos a xestión do ciclo integral da auga, obxecto dunha nova lei galega, así como explicar, entre outras cousas, as novidades da nova normativa e de que xeito afectarán ás actuais competencias dos concellos».

Velaquí tedes o programa do evento:

9:30: Presentación e Inauguración da Xornada a cargo dos directores da Cátedra de Dereito Local, Carlos Amoedo, e da Cátedra Emalcsa-UDC, Moisés Canle; a alcaldesa da Coruña e presidenta de Emalcsa, Inés Rey; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; e a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez.

10:00: ‘A xestión integral do ciclo da auga na era do cambio climático: problemas e perspectivas’. Joaquín Suárez López, profesor de Tecnoloxías do Medio Ambiente (departamento de Enxeñería Civil) da Universidade da Coruña e investigador do Grupo Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente (Geama).

11:00: Mesa 2: ‘A formalización xurídica da xestión integral da auga: unha visión comparada’.

  • Francisco Delgado Piqueras, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Castilla-La Mancha.

 

12:30: Mesa 3. ‘A realidade da xestión da auga en Galicia, entre os concellos e a Xunta de Galicia’.

  • Teresa Gutiérrez, directora de Augas de Galicia
  • Angel Mato, alcalde de Ferrol.
  • Marcos Martín, director xeral de Viaqua Galicia.

 

16:30: Mesa 4. ‘Tres visións xurídicas sobre a nova Lei do Ciclo Integral da Auga’.

  • Javier Sanz Larruga, catedrático de Dereito Administrativo da UDC.
  • Patricia Vilán Lorenzo, asesora xurídica da FEGAMP.
  • Gonzalo Mosqueira, xerente de Augas de Galicia e profesor asociado da ETS de Enxeñaría de Camiños da UDC.

 

18:00. Mesa 5. ‘Visións políticas sobre a nova Lei do Ciclo Integral da Auga e a súa implementación’.

  • José Manuel Rey Varela, grupo parlamentar do PP.
  • Luis Bará Torres, grupo parlamentar do BNG.
  • Begoña Rodríguez Rumbo, grupo parlamentar do PSdG.
0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment