
A Fundación Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia reúnese co Agader e diferentes GDRs para analizar as actuacións desenvolvidas no marco do proxecto Nó-Rural
Representantes da Fundación Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia promovida polo Colexio reuníronse o xoves 7 de setembro na sede da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), ubicada en Santiago, co subdirector deste organismo, Alfredo Fernández, e membros dos Grupos de Desenvolvemento Rural que participan no proxecto ‘Nó-Rural’: Mariñas Betanzos, Seitura 22, Terra Chá, Eu Rural e Limia Arnoia.
O obxectivo do encontro foi presentar un adianto das actuacións realizadas no marco deste proxecto, así como estabelecer mecanismos de coordinación e o xeito de presentar os resultados que se acaden. Porén, o punto principal da reunión foi identificar un ‘banco de oportunidades’ para cada un dos territorios ou GDR para poñer a disposición dos usuarios do servizo. Esta tarefa, na que está a traballar a Fundación Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia no marco deste proxecto, desenvolverase a partir da Lei de Recuperación da Terra Agraria de Galicia, que comprende polígonos agroforestais, aldeas modelo…
Identificar un ‘banco de oportunidades’ é un dos obxectivos do proxecto ‘Nó-Rural’, que tamén persegue:
- incentivar e facilitar o retorno e a inserción laboral da xuventude nas zonas rurais.
- dinamizar a economía rural.
- relacionar aos diferentes axentes que xa están a traballar con emprego, xuventude e sector agrogandeiro, para constituír unha rede de colaboración a prol da inserción laboral.
- facilitar un novo servizo de prácticas e estadías en empresas nos territorios que mellore as competencias profesionais da xuventude e lles facilite o acceso ao mundo laboral a través do contacto coas empresas.
O ámbito de actuación do proxecto comprende os territorios que abarcan os