A Real Academia Galega de Ciencias organiza, do 27 ao 30 de xuño, en Santiago, Ferrol e A Coruña, un ciclo de catro conferencias sobre os retos tecnolóxicos na produción e almacenamento de enerxías renovables

DÍPTICO CICLO AVANCES baja_Página_1
Jun 22 2022

A Real Academia Galega de Ciencias organiza, do 27 ao 30 de xuño, en Santiago, Ferrol e A Coruña, un ciclo de catro conferencias sobre os retos tecnolóxicos na produción e almacenamento de enerxías renovables

A Real Academia Galega de Ciencias, co patrocinio da Deputación da Coruña, organiza, do 27 ao 30 de xuño, un ciclo de catro conferencias sobre os ‘Retos tecnolóxicos na produción e almacenamento de enerxías renovables’. As charlas, que contan co apoio do Campus Industrial da Universidade da Coruña, a Autoridade Portuaria da Coruña e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), desenvolveránse nas seguintes datas e lugares:

  1. 27 de xuño. Estratexias enerxéticas. Pazo de San Roque, Santiago de Compostela.
  2. 28 de xuño. Solar e biomasa. Pazo de San Roque, Santiago de Compostela.
  3.  29 de xuño. Eólica e mariña. Salón de actos do Campus de Ferrol da Universidade da Coruña.
  4. 30 de xuño. Hidróxeno e biometano. Salón de actos da Autoridade Portuaria da Coruña.

 

Como sinala a RAGC na súa web, o obxectivo deste ciclo é revisar o estado actual e os retos pendentes nas diferentes tecnoloxías para a produción e almacenamento de enerxías renovables como a eólica, eólica mariña, mareomotriz, biomasa, gases renovables como o biohidróxeno e o biometano e a solar. Servirá así mesmo de punto de conexión e debate entre expertos de diferentes áreas con coñecementos sobre temas enerxéticos en campos diversos.

O ciclo está dirixido tanto a profesionais do eido das enerxías limpas como ao público en xeral.

A asistencia é de balde pero require inscrición previa aquí.

Aquí os dejamos el programa.

 

DÍPTICO CICLO AVANCES baja_Página_2

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment