A Real Academia Galega de Ciencias organiza, do 27 ao 30 de xuño, en Santiago, Ferrol e A Coruña, un ciclo de catro conferencias sobre os retos tecnolóxicos na produción e almacenamento de enerxías renovables
A , co patrocinio da , organiza, do 27 ao 30 de xuño, un ciclo de catro conferencias sobre os ‘Retos tecnolóxicos na produción e almacenamento de enerxías renovables’. As charlas, que contan co apoio do , a e o
- 27 de xuño. Estratexias enerxéticas. Pazo de San Roque, Santiago de Compostela.
- 28 de xuño. Solar e biomasa. Pazo de San Roque, Santiago de Compostela.
- 29 de xuño. Eólica e mariña. Salón de actos do Campus de Ferrol da Universidade da Coruña.
- 30 de xuño. Hidróxeno e biometano. Salón de actos da Autoridade Portuaria da Coruña.
Como sinala a RAGC na súa web, o obxectivo deste ciclo é revisar o estado actual e os retos pendentes nas diferentes tecnoloxías para a produción e almacenamento de enerxías renovables como a eólica, eólica mariña, mareomotriz, biomasa, gases renovables como o biohidróxeno e o biometano e a solar. Servirá así mesmo de punto de conexión e debate entre expertos de diferentes áreas con coñecementos sobre temas enerxéticos en campos diversos.
O ciclo está dirixido tanto a profesionais do eido das enerxías limpas como ao público en xeral.
A asistencia é de balde pero require inscrición previa aquí.
Aquí os dejamos el programa.