A Xunta declara de interese galego a Fundación Enxeñaría Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia creada polo Coiag

Fundacion Ingeniería Agronomica
nov 16 2021

A Xunta declara de interese galego a Fundación Enxeñaría Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia creada polo Coiag

A Fundación Enxeñaría Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia constituida polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia o pasado 5 de xuño de 2021 vén de ser declarada pola Xunta fundación de interese galego. Esta declaración, segundo informa a Xunta, procede porque a fundación creada polo Coiag «ten como obxectivo acadar os fins de desenvolvemento sustentable promovidos pola FAO a través da promoción da investigación, desenvolvemento, innovación e divulgación (I+D+i+d)».

Esta Fundación de interese galego, sin ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia propónse, dende o punto de vista da enxeñaría agronómica, promover o desenvolvemento de Galicia a través da sostibilidade, así como mellorar a xestión dos recursos naturais da nosa comunidade, a conservación dos seus ecosistemas e a defensa do medio natural. Todos estes obxectivos alinéanse cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 da Onu e cos intereses xerais debuxados por organizacións como a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO polas súas siglas en inglés).

A Fundación Enxeñaría Agronómica ten como membros de honra á Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Rural, e á Universidade de Santiago de Compostela.

Neste artigo que publicamos na web hai uns meses tedes máis información sobre a Fundación.

 

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment