A Xunta e o Coiag presentan as bases para a redacción do Manual para a integración ambiental e paisaxística da reestruturación parcelaria que están a elaborar os enxeñeiros agrónomos de Galicia

WhatsApp Image 2021-06-21 at 22.44.22
Jun 22 2021

A Xunta e o Coiag presentan as bases para a redacción do Manual para a integración ambiental e paisaxística da reestruturación parcelaria que están a elaborar os enxeñeiros agrónomos de Galicia

A Xunta e o Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia presentaron este luns 21 de xuño en Outeiro de Rei (Lugo) o Manual para a integración ambiental e paisaxística da reestruturación parcelaria. O obxectivo deste documento é reducir o número de parcelas existentes en Galicia garantindo ao mesmo tempo a protección e posta en valor da paisaxe, o medio ambiente, a etnografía e o patrimonio. O decano do Colexio, Pedro Calaza, e Inés Santé, enxeñeira agrónoma e directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, foron os encargados de presentar o Manual nun acto no que estivo presente o alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao, e diferentes representantes da administración e do mundo empresarial.

O Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia está a elaborar este Manual, coa colaboración das empresas Sial Ingeniería, Proyestegal, Lagares Oca e Espoagro Ingeniería. Con el preténdese solucionar un problema que frea o desenvolvemento do potencial agrario en Galicia: a excesiva división da terra.

Galicia caracterízase pola súa fragmentación parcelaria. As concentracións parcelarias realizadas nos últimos anos melloraron a situación, pero ainda hai 11.167.139 parcelas de rústica (o 28,33% do conxunto nacional). Así, A Coruña, por exemplo, ten prácticamente o mesmo número de parcelas que Andalucía. Esta excesiva fragmentación é un inconvinte para o desenvolvemento dun modelo agrario competitivo tanto desde un punto de vista técnico como económico e causa o abandono de terras agrícolas útiles. Isto, sumado aos problemas derivados do Cambio Climático, inflúen no aumento de incendios forestais, pérdida de oportunidades e de biodiversidade…

 

O Manual que están a elaborar os enxeñeiros agrónomos galegos aborda este problema e plantexa un novo enfoque da reestruturación parcelaria de Galicia que deixe atrás actuacións só baseadas en aspectos económicos e sociais e no que as funcións produtivas vaian da man coa defensa da contorna, da paisaxe, da etnografía e do patrimonio cultural e natural. Deste xeito mellorarase a calidade de vida da poboación, loitarase contra o abandono do agro, mitigarase o Cambio Climático, realizarase unha aposta pola alimentación sa e de calidade, fixarase a poboación no rural e melloraranse os servizos no territorio.

A mitigación do Cambio Climático e a protección do Medio Ambiente serán prioritarios neste novo plantexamento da reestruturación parcelaria, o que se concreta en figuras como a execución específica de procesos de reestruturación por causas ambientais o a introdución de criterios de conservación da rede actual de camiños. Ademais, o Estudo de Impacto Ambiental terá unha maior importancia.

O Manual para a integración ambiental e paisaxística da reestruturación parcelaria vai dirixido á administración (para que estableza as pautas ambientais e as normas únicas necesarias para a súa execución), ás enxeñerías (para que utilicen o Manual para a redacción de proxectos), a propietarios de parcelas e á poboación en xeral.

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment