CANAL DO INFORMANTE DO COIAG

Canal do Informante do Colexio Oficial de Exeñeiros Agrónomos de Galicia

Accede á Canle de Denuncias que habilitou o Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia para comunicar vía formulario, de forma confidencial e de forma anónima (sen dar o seu nome nin datos de contacto a menos que queira facelo), as actividades e condutas que poidan supoñer un incumprimento do Código de Conduta deste Colexio, así como a posible comisión dun delito penal.

¿Qué feitos deben comunicarse a través do Canle de Denuncias?

Os feitos que nos vai a comunicar deben cumprir dúas condicións:

1. Estar relacionados cos delitos que comportan responsabilidade penal para o Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia ou con vulneracións da normativa e código de conduta deste Colexio.

2. Estar realizados por persoas que integran a Comunidade Colexial no exercicio das súas funcións ou das responsabilidades que lles foron asignadas.

Ante calquera dúbida sobre se un feito cumpre cos requisitos anteriores e debe ou non ser comunicado, recomendámoslle que o comunique igualmente mediante a canle de denuncias para que podamos investigalo.

 

¿Existen outros Canles de Denuncia no Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia?

Ademais desta canle de denuncias dixital, vostede tamén pode realizar as súas denuncias e comunicacións directamente ao persoal do Colexio ou a calquera membro da Xunta de Goberno. En particular, ofrecémoslle as seguintes canles:

Correo electrónico: coiagal@iies.es
Teléfono 981288858
Correo postal dirixido a: COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS AGRÓNOMOS DE GALICIA
A/A. Responsable do sistema interno de información/canle de denuncias

C/ Luís López Casanegra, 5 baixo A ·15006 · A Coruña.

Pode consultar a Política de Xestión desta Canle do Informante do COIAG.

 

¿Existen outros canles de denuncia, fora do ámbito do Colexio?

Si, dispón doutras canles en distintos organismos oficiais. En particular, indicámoslle a ligazón á canle da comunidade autónoma de Galicia e o estatal: Pendente de determinar pola Xunta de Galicia
Pendente de determiniar polo Ministerio de Xustiza. Informarémoslles cando estas canles oficiais estean habilitadas.

 

¿Cómo podo presentar unha denuncia a través deste canle?

Debaixo destas indicacións atopará o acceso ao formulario de denuncias onde deberá encher un sinxelo cuestionario, indicando se prefire denunciar de forma anónima ou ben comunicarnos os seus datos confidencialmente. A Canle habilitaralle un punto de acceso, de modo que aínda no caso de denuncia anónima vostede pode comunicarse co Responsable da xestión da súa denuncia e recibir información sobre o estado da mesma, de modo que lle recomendamos que acceda periodicamente a este apartado para estar informado.

Interpor unha denuncia

¿Qué feitos NO deben comunicarse a través do Canle de Denuncias?

A Canle de denuncias non está habilitado para recoller denuncias relacionadas con: Os comportamentos dos colexiados no exercicio da súa actividade profesional, no exercicio da súa actividade na Quenda de Oficio ou nas súas actividades particulares. Os comportamentos de Funcionarios do Estado ou da Administración de Xustiza no exercicio das súas funcións públicas ou actividades particulares Os comportamentos de calquera persoa física ou xurídica allea á actividade do Colexio de Probas. Calquera comunicación relacionada coas persoas ou feitos excluídos do obxectivo da Canle será eliminada sen proceder á súa análise ao exceder o ámbito competencial desta canle de denuncias. O noso Colexio dispón doutras Canles para comunicar feitos relevantes relacionados coas cuestións anteriores, e son os seguintes: Queixas e Reclamacións do COIAG
PROTECCIÓN DE DATOS: Calquera reclamación relacionada coa xestión que realiza o Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Albacete sobre os datos persoais que manexa para o desenvolvemento das súas funcións debe dirixirse ao Delegado de Protección de Datos a través do correo dpd@coiag.es
DEONTOLOXÍA: As queixas relacionadas coa actividade profesional das persoas colexiadas poden formularse coiagal@iies.es ou Queixas e Reclamacións do COIAG