PECHE ACTIVIDADES NON ESENCIAIS

CIERRETOTAL
Mar 30 2020

PECHE ACTIVIDADES NON ESENCIAIS

O pasado sábado publicouse a resolución do Congreso dos Deputados pola que se autoriza a prórroga do estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

E como xa tamén saberedes, onte domingo publicouse a Real Decreto Lei que “pecha a actividade non esencial”. Con independencia da súa denominación e implicacións laborais para os traballadores (entre os que podemos estar), o perentorio nestes momentos, e o motivo desta circular, é informar sobre o peche das obras e sobre os modos de traballo permitidos para os enxeñeiros agrónomos.

Con todo, e como cuestión inesperada, a citada norma inclúe unha disposición transitoria que permite, “no caso de que resulte imposible interromper de modo inmediato a actividade” poder prestar servizos o luns 30 de marzo de 2020 “co único propósito de levar a cabo as tarefas imprescindibles para poder facer efectivo o permiso retribuído recuperable sen prexudicar de maneira irremediable ou desproporcionada a continuación da actividade empresarial”. Polo que temos todo o día de hoxe para poder “suspender” coas mellores garantías as actividades non esenciais cuxo peche súbito prexudicaría de forma irremediable ou desproporcionada a continuación da actividade.

Na seguinte ligazón poderás ver con máis detalle cales son as actividades permitidas, actividades esenciais e un anexo de modelo de comunicación para a paralización temporal das obras

Para más información

Anexo PDF

Anexo word

Lembrámosvos que o Colexio seguirá activo nos seguintes correos electrónicos, na nova plataforma e en todas as nosas redes sociais:

coiagal@iies.es

secretariotecnico@agronomosdegalicia.org

agronomos.e-gestion.es

WEB

TWITTER

FACEBOOK

Por último recomendámosvos seguir as indicacións dos servizos de saúde e actuar sempre con responsabilidade.

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment