Colexiarse é un requisito indispensable para exercer a profesión de Enxeñeiro Agrónomo, cando así o estableza unha lei estatal. A Colexiación é única en todo o territorio nacional debendo estar adscrito sempre ao Colexio en cuxo ámbito territorial teñas a túa dirección profesional ou centro de traballo
Documentación necesaria:
1 fotografia tamaño carné
Fotocopia DNI
Titulo ou resgardo de abono dos dereitos do título de Enxeñeiro Agrónomo, Master en Enxeñería Agronómica ou Master que habilite para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Agrónomo. Calquiera destes documentos deberá ser orixinal, compulsado ou asinado electronicamente pola Universidade correspondente.
Ten en conta que podes adiantar toda a documentación escaneada vía portelo único (ligazón anterior), pero para facer efectiva o alta requirimos que a documentación acreditativa do título académico sexa orixinal, compulsada, ou documento acreditativo asinado electronicamente pola Universidade correspondente. Polo que nos dous primeiros casos deberás remitir ou presentar na sede do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia dita documentación.
Cotas Colexiais