CURSO EN LIÑA O CONTROL DE CALIDADE NAS OBRAS DE ENXEÑERÍA
PRESENTACIÓN DO CURSO / curso conxunto dos Colexios Oficiais de Enxeñeiros Agrónomos
O control é un aspecto ás veces descoidado nos proxectos de enxeñería, a pesar de ser un requisito obrigatorio por normativa, sobre todo nos proxectos de edificación. Con este motivo, os secretarios técnicos dos colexios oficiais de enxeñeiros agrónomos organizamos conxuntamente o presente curso a través da plataforma Formación Agrónomos.
Este curso pretende afianzar conceptos relativos ao control de calidade das obras, expoñendo os criterios e procedementos a aplicar na redacción dos proxectos e posteriormente na fase de execución. Revisarase a normativa máis recente, especialmente o Código Estrutural, e facilitaranse as ferramentas para a xestión documental do control de calidade.
DESTINATARIOS
O curso está dirixido exclusivamente a enxeñeiros agrónomos colexiados, alumnos vinculados e/o precolexiados dos colexios oficiais de enxeñeiros agrónomos.
Datos de interese
Trátase dun curso en liña que terá unha duración equivalente a 6 horas lectivas, e pode seguirse a través da plataforma www.formacionagronomos.es.
Precio da matrícula: 50 euros.
Inicio Curso: 27/05/24
Fin: 24/06/24