Desde o 1 de abril renóvase o Seguro de Responsabildade Civil profesional que o COIAG ten subscrito con Mapfre e intermediado pola nosa correduría de seguros, Howden Iberia

Avanzamos sobre SEGURO
Apr 01 2022

Desde o 1 de abril renóvase o Seguro de Responsabildade Civil profesional que o COIAG ten subscrito con Mapfre e intermediado pola nosa correduría de seguros, Howden Iberia

Este 1 de abril de 2022 renóvase o Seguro de Responsabilidade Civil profesional que o Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia ten subscrito coa Compañía de Seguros Mapfre e intermediado pola nosa correduría de seguros, Howden Iberia.
Unha vez máis, grazas ao poder de negociación do noso colectivo, acadamos a renovación da póliza nas mesmas condicións económicas que a pasada anualidade, por ser a opción máis ventaxosa, ampla e axeitada ás necesidades concretas da nosa profesión.
Esto é un éxito xa que se incrementaron as reclamacións derivadas de erros profesionais, o que implicou o incremento da sinistralidade. Por iso, aproveitamos de novo para lembrar que debemos contar cunha boa cobertura e tratar de ser o más coidadosos e dilixentes, especialmente naquelas actividades de maior risco.
Lembramos tamén que segue a ser necesario comunicar ao Colegio os traballos de tramitación de expedientes e axudas PAC para obter a cobertura do seguro.

Aviso importante:

Todos aqueles colexiados que teñan contratada unha ampliación e queran realizar calquera modificación, deben remitila cumplimentando o Boletín de Adhesión correspondente ao enderezo electrónico coiagal@iies.es con copia a irherrera@Howdeniberia.com
Todos aqueles colexiados que teñan contratada unha ampliación e non queran realizar ningún cambio, renovarán a cobertura automáticamente, ainda que para ter un maior control e coordinación e evitar posibles incidencias, por favor informade ao colegio antes do día 31 de marzo si queredes renovar ou non dita ampliación.
No caso de ter recibido unha reclamación ou ter coñecemento dalgún feito que poda xerar unha reclamación, comunicádelo ao Colexio axiña para que vos poña en contacto co equipo especialista de Howden e ter asesoramento.
Lembrade a importancia de manter o seguro en vigor, pois o importante para ter cobertura é ter condición de asegurado no momento de recibir a reclamación.

Documentos adxuntos:

 

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment