Día Mundial da Agricultura
Os que formamos o Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia e a Fundación Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia sumámonos este 9 de setembro á celebración do Día Mundial da Agricultura .
Queremos aproveitar esta data para poñer en valor a importancia do traballo dos enxeñeiros agrónomos e as persoas vencelladas á agricultura para o progreso e o desenvolvemento sostible da sociedade, así como para producir alimentos nun planeta cunha poboación cada vez maior que demanda máis alimentos e de máis calidade.