Día Mundial do Medio Ambiente

447488393_870220051787947_4388928282965845790_n
Jun 06 2024

Día Mundial do Medio Ambiente

Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia e a Fundación Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia que promove, súmanse este 5 de xuño á celebración do Día Mundial do Medio Ambiente. Con motivo desta conmemoración o decano e presidente da Fundación, Pedro Calaza, participou este mércores nunha xornada que organizou a Agrupación industrial Galega de Solucións Ambientais e Economía Circular Viratec para os seus socios. Calaza explicou aos asistentes ao evento como se xestou, executouse, así como os resultados finais, do proxecto de restauración do Monte de San Pedro.

En https://www.worldenvironmentday.global/es atoparedes máis información sobre o Día Mundial do Medio Ambiente, que este 2024 pon o foco na necesidade de acelerar a aplicación de solucións en favor da restauración das terras, a resiliencia á seca e á desertificación. De aí o lema ‘As nosas Terras. O noso futuro’.

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment