Do 4 ao 6 de setembro celébrase en Lugo o XII Congreso de Economía Agraria baixo o lema ‘A sustentabilidade agro-territorial desde a Europa atlántica’

economia agraria
ago 06 2019

Do 4 ao 6 de setembro celébrase en Lugo o XII Congreso de Economía Agraria baixo o lema ‘A sustentabilidade agro-territorial desde a Europa atlántica’

O vindeiro 4 de setembro celebrarase na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo o XII Congreso de Economía Agraria baixo o lema ‘A sustentabilidade agro-territorial desde a Europa Atlántica’. O evento, que rematará o día 6 e reunirá a diferentes expertos europeos, analizará os modelos de produción agroalimentaria gandeira e forestal sustentables tendo en conta o contexto territorial no que se desenvolven. O Congreso contribuirá, ademais, a estimular a investigación sobre o futuro das políticas agrarias, en particular a Política Agraria Común (PAC) da próxima década.

Velaquí tedes o programa. Se queredes ver o programa ampliado premede aquí. Máis información e xeito de inscrición aquí.

Programa_provisional_AEEA_2019_Página_1Programa_provisional_AEEA_2019_Página_2Programa_provisional_AEEA_2019_Página_3

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment