O COIAG estrea a nova plataforma de xestión e visado e-Colexio, unha ferramenta que mellora á anterior tanto desde o punto de vista técnico como en sinxeleza. Explicámosvos como acceder e a súa pantalla de inicio (vídeo)

Vídeo 1 nueva plataforma e-Colegio
Feb 27 2020

O Colexio Oficial de Agronómos de Galicia estreou o pasado mércores 26 de febreiro a nova plataforma de xestión e visado e-Colexio, que supoñerá unha mellora desde o punto de vista técnico con respecto á que viña utilizando ata o de agora. Ademais, a nova ferramenta, que gaña en sinxeleza e utilidade e en cuxo desenvolvemento participaron 10 colexios de enxeñeiros agrónomos, é máis potente e accesible desde calquera dispositivo conectado a Internet.

Nun post anterior desta web vos falamos das súas ventaxas,pero para que vos vaiades familiarizando co seu funcionamento imos ir colgando nos próximos días diferentes vídeos explicativos.

O primeiro deles explica como acceder e a súa pantalla de inicio. Podedes velo clicando na seguinte imaxe.

Vídeo 1 nueva plataforma e-Colegio

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment