El COIAG estrenará en febrero una nueva plataforma de gestión colegial y de visados, más potente, sencilla y accesible desde cualquier dispositivo conectado a Internet

coiag
Jan 16 2020

El COIAG estrenará en febrero una nueva plataforma de gestión colegial y de visados, más potente, sencilla y accesible desde cualquier dispositivo conectado a Internet

O Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia estreará en febreiro unha nova plataforma de xestión colexial e de visado que supoñerá unha mellora dende o punto de vista técnico con respecto á que viña utilizando ata o de agora. Ademais, a nova ferramenta, que gañará en sinxeleza e utilidade e en cuxo desenvolvemento participaron 10 colexios de enxeñeiros agrónomos, será máis potente e accesible desde calquera dispositivo conectado a Internet. A continuación detallamos as vantaxes desta nova plataforma para os colexiados, así como para os visados.

Ventaxas para o colexiado.

  • Permite un acceso máis seguro e sinxelo (sen ter que lembrar contrasinais) por medio da firma dixital. Pero se o colexiado quere acceder desde un dispositivo no que non teña instalado o seu certificado dixital, poderá seguir facéndoo co seu usuario e contrasinal, tal e como o facía ata o momento.
  • Poderase xerar un carné dixital colexial cun código QR de validación que se poderá descargar en calquera momento. Igualmente poderanse xerar en liña algúns tipos de certificados.
  • De maneira sinxela, o colexiado poderá manter os seus datos actualizados en todo momento, desde calquera dispositivo con acceso a internet. Compatibilidade cos sistemas de navegación existentes. Adaptable a múltiples tipos de pantalla. A aplicación está deseñada con RWD (do inglés ‘ Responsive Web Design’) cuxo obxectivo é adaptar a aparencia das páxinas web ao dispositivo que se estea utilizando para visualizalas.
  • Desde a súa ficha, o colexiado poderá indicar as súas preferencias e subscricións aos servizos do Colexio e modificalas en calquera momento: bolsa de traballo, grupos de traballo, comisións, directorio profesional…
  • Tamén poderá indicar as súas áreas de experiencia para que os usuarios externos da web poidan localizar os seus servizos por medio do directorio de colexiados que se mostra na parte pública, e para que, desde o Colexio, coñezamos en que campos é especialista e poder convidarlle ás actividades que organicemos no seu ámbito de actuación profesional.
  • Simplifícanse as solicitudes de alta e baixa no Colexio.

 

Ventaxas no que respecta aos visados.

  • Mellora a estabilidade e velocidade da plataforma de visado.
  • Poderase acceder desde calquera dispositivo e en calquera momento.
  • Simplifícase o rexistro e a xestión de visados.
  • Mantéñense as vantaxes da anterior plataforma de visado: organización dos expedientes dos teus clientes, copia de seguridade e rexistro documental dos teus traballos. Deeste modo, o Colexio pode emitir certificados de calquera documento rexistrado e visado que o colexiado poida necesitar a efectos de acreditación documental ante as administracións ou terceiras persoas. E tamén seconserva a consulta no portelo único dos códigos CSV que se xeran con cada visado, de tal maneira que calquera usuario do portelo único do Colexio poida verificar o documento.
  • Consérvanse todos os expedientes e fases anteriores para que o colexiado non perda ningunha información.
  • A plataforma posibilita que poidas manter, de maneira organizada, os expedientes dos teus clientes e as fases que vaias realizando, o que facilita o seguimento de cada un deles de maneira rápida e desde calquera lugar con acceso a internet.
    El Colegio custodiará unha copia de seguridade de todos os traballos do colexiado visados.
  • Automatízanse as comunicacións para evitar erros nos datos e axilizar procesos. O colexiado estará informado do estado das súas fases en todo momento por email, o que redundará na redución dos tempos de espera.
  • Entendemos que o tempo do colexiado é importante. Por iso conseguimos simplificar e axilizar ao máximo o proceso de visado:

– Elimínase a solicitude de visado para os traballos presentados en formato electrónico.

– Elimínase a esixencia de incorporar a cada documento a folla control de firmas.

A aplicación permite a selaxe de documentos en pdf con firma interna polo que xa non será necesario incorporar diante de cada documento a folla de control de firmas.

 

  •   Incorpórase unha ferramenta de TPV virtual para facilitar o pago dos visados, sen ningún custo engadido, o que permitirá descargar o traballo selado e a factura tras realizar o pago en calquera momento.
  • Engádese a posibilidade de indicar, durante o rexistro da solicitude de visado, a urxencia dos traballos. Así, os traballos urxentes pasarán ao principio da bandexa de entrada do departamento de visado do Colexio e serán os primeiros en ser revisados e, se todo é correcto, o colexiado terá nunhas horas os seus traballos visados.
  • Mellóranse as utilidades de procura e emisión de listaxes mediante filtros avanzados para que o colexiado poida obter información actualizada sobre os teus traballos profesionais.
  • Mantense, ou se unifica segundo os colexios, a tramitación de libros dixitais desde cada un dos expedientes.
  • Unha vez liberouse o traballo visado, o colexiado pode xerar unha ligazón para compartir con terceiras persoas, polo tempo que o colexiado estime oportuno, e así facilitar a descarga dos documentos desde o repositorio do Colexio, evitando achegar pesados arquivos ás súas comunicacións online.

 

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment