El Coiag invita a todos los ingenieros agrónomos a revisar y realizar aportaciones al ETI del Plan Hidrológico de la Confederación Hidrográfica Miño-Sil

GoToWebinar 002
Apr 13 2020

El Coiag invita a todos los ingenieros agrónomos a revisar y realizar aportaciones al ETI del Plan Hidrológico de la Confederación Hidrográfica Miño-Sil

O martes 7 de abril tivo lugar, dentro das accións de difusión do novo período de revisión do procedemento de aprobación do PLAN HIDROLÓXICO, unha webinar relativa á presentación do ETI da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Despois dunha breve exposición do seu actual presidente D. José Antonio Quiroga ( GoToWebinar 000. png), o responsable da oficina de planificación da confederación D. Carlos Ruiz do Portal, fixo a presentación oficial do ETI (Esquema de Temas Importantes), como un dos principais fitos do programa de revisión. Todo o proceso de revisión está nestes momentos activo, pero cos prazos suspendidos debido ao estado de Emerxencia Xeral decretado polo Goberno. Desta maneira o período de alegacións e propostas a este documento está aberto, pero a súa finalización está supeditada aos cambios na xestión da pandemia do COVID-19.

Desde o punto de vista da Enxeñería Agronómica a revisión dun plan hidrolóxico é unha responsabilidade profesional. A relación da nosa profesión coa auga é directa, tanto nos aspectos produtivos relacionados coa alimentación, como co benestar das persoas que soportan esa actividade no ámbito rural e, non menos importante, os necesarios equilibrios ecolóxicos entre estes aspectos e o medio natural, incluíndo aquí como aspecto relevante a paisaxe como parte do patrimonio natural e social da nosa terra.

Dende aquí invitamos a todos os enxeñeiros agrónomos a realizar unha revisión de este documento e realizar achegas, tanto desde o ámbito privado da actividade dos distintos enxeñeiros agrónomos, como de maneira corporativa, dirixindo as súas inquietudes, opinións ou achegas ao Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia para a súa canalización corporativa #ante a administración.

É importante aproveitar a revisión para poñer en valor as achegas que desde a Enxeñería Agronómica pódense e deben facer á xestión da auga en relación co territorio e a actividade rural, sobre todo no ámbito da agricultura e a gandería, onde os criterios técnicos non son respectados dado que moitas das actividades neste sector non están supeditadas ao coñecemento. A ninguén se lle ocorre facer unha estrada ou un edificio sen que exista un proxecto previo dun técnico competente e tampouco se deberían aplicar tratamentos de cultivos ou deseñar sistemas de produción sen un proxecto que acredite que cumpre e establece todos os aspectos que a ciencia ten para facelo de forma adecuada.

 

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment