O Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia deséxavos un Feliz San Cidre
O Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia deséxavos un Feliz San Cidre
Como é tradicional os #EnxeñeirosAgrónomos celebramos este venres 15 de maio o día do noso patrón, San Cidre.
Non queriamos esquecer un día tan importante para nós, por iso, varios membros da xunta de goberno do Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia quérenvos enviar unha mensaxe que imos ir colgando nas nosas redes sociais ao longo do día.
A primeira mensaxe que incluímos é a institucional do Decano, Pedro Calaza Martínez.