
XESTIÓN CATASTRAL: COÑECEMENTOS PARA A XESTIÓN EN TRABALLOS PROFESIONAIS DE INFORMACIÓN CATASTRAL, GRÁFICA E ALFANUMÉRICA
XESTIÓN CATASTRAL: COÑECEMENTOS PARA A XESTIÓN EN TRABALLOS PROFESIONAIS DE INFORMACIÓN CATASTRAL, GRÁFICA E ALFANUMÉRICA
Recentemente, os enxeñeiros agrónomos temos acceso ao Catastro grazas ao novo convenio asinado entre a Dirección General de Catastro y el Consejo General de Colegios Oficiales de Ingenieros Agrónomos.
É por iso que desde a Fundación para a Promoción da Enxeñería Agronómica organizan este curso, co fin de adquirir os coñecementos necesarios para a obtención electrónica dos datos catastrais e a adecuada confección e presentación de declaracións catastrais.
Coñece como obter de forma rápida, por vía telemática, a información gráfica catastral dispoñible na Sede electrónica do Catastro requirida para a execución dos teus traballos profesionais, o que propiciará a mellora das túas prestacións, axilizando os trámites e ofrecendo un maior grao de fiabilidade, transparencia e seguridade xurídica.
Datas:
Xoves 23, martes 28 e xoves 30 setembro e martes 5 outubro.
MODALIDADE: Online directo
PLATAFORMA: www.formacionagronomos.es
DURACIÓN: 16 horas_ 4 tardes
HORARIO: 16.30 – 20.30 h