Homenaxe a D. Joaquín Giménez de Azcárate Moreno

FwPGUpCXoAYcptm
May 19 2023

Homenaxe a D. Joaquín Giménez de Azcárate Moreno

O COIAG aproveitou a celebración do patrón dos enxeñeiros agrónomos, San Isidro Labrador, para homenaxear ao seu colexiado máis antigo, D. Joaquín Giménez de Azcárate Moreno, membro do colexio desde 1953.

Tras un ameno xantar, o decano, Pedro Calaza, entregoulle unha figura de Sargadelos para agradecerlle o seu compromiso coa profesión e o colexio. A figura simboliza a Frenoloxía e as partes do cerebro relacionadas coas actividades vinculadas á Enxeñería Agronómica.

Giménez de Azcárate formou parte do equipo que redactou o libro do 60 aniversario do Coiag, en cuxo prólogo expuxo a súa interesante traxectoria profesional. Podedes lelo en https://bit.ly/3pEdp6p

FwPGsfLXsAAeAT8

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment