
JORNADA PRÁCTICA ONLINE DE APLICACIÓN DEL CÓDIGO ESTRUCTURAL
Dende as Secretarías técnicas dos Colexios de Enxeñeiros Agrónomos, vimos detectando que un dos erros máis comúns nos proxectos que se presentan a visado, é a falta de aplicación do Código de Estrutural (CE), que é de aplicación obrigatoria nos proxectos de edificación desde o 11 de novembro de 2022.
Por este motivo, as secretarías técnicas dos colexios elaboraron documentos para que sirvan de apoio para a adecuación dos proxectos ao CE.
- Memoria: Xustificación de cumprimento de CE
- Anexo de Cálculos de Formigón
- Anexo de cálculos de Aceiro
- Prego de Condicións
- Control de Calidade
(Os documentos estarán dispoñibles na Plataforma)
Para facilitar a adaptación destes documentos aos proxectos de edificación, o próximo día 12 de xaneiro de 2023 ás 17 h celebrarase unha Xornada práctica de aplicación do CE.
Os interesados en asistir deben comunicalo ao Colexio mediante correo electrónico a coiagal@iies.es antes do día 11 de xaneiro.
Notas e ligazóns:
- O Código Estrutural actualiza a regulamentación vixente relativa ás estruturas de formigón e ás estruturas de aceiro de acordo ás novidades de carácter técnico e regulamentario na materia, e derroga a Instrución de Formigón Estrutural (EHE-08), aprobada polo Real Decreto 1247/2008, do 18 de xullo, e a Instrución de Aceiro Estrutural (EAE), aprobada polo Real Decreto 751/2011, do 27 de maio.
-
Real Decreto 470/2021, de 29 de junio, por el que se aprueba el Código Estructural