A tribuna do Colexiado: Ramón Jesús Lamelo Otero reclama neste artigo que se escoite máis a voz dos enxeñeiros agrónomos na lexislación sobre a edición xenética das plantas que está a acometer a Comisión Europea

522c0c7d-ac17-4cf6-b1d2-853dbb765140
Jul 29 2025

A tribuna do Colexiado: Ramón Jesús Lamelo Otero reclama neste artigo que se escoite máis a voz dos enxeñeiros agrónomos na lexislación sobre a edición xenética das plantas que está a acometer a Comisión Europea

tribunacareto

Por Ramón Jesús Lamelo Otero. Enxeñeiro Agrónomo colexiado número 581

A edición xenética das plantas

 

O cultivo das plantas con fins agronómicos está a piques de vivir unha revolución sen precedentes. A modificación dos xenes vexetais que se conseguía coas sementes transxénicas está a ser superada por unha tecnoloxía de edición xenética, permitindo así seleccionar as características que máis nos interesan de cada especie sen incorporar anacos de ADN estranos. Trátase de obter dunha forma dirixida aquelas variacións do xenoma que poderían producirse de forma natural e que por azar ou por unha mutaxénese ou cisxénese provocada, ás veces producían variedades mellores, como unha mandarina máis fácil de pelar ou unha mazá dunha bonita cor.

A Comisión Europea está a abordar a lexislación sobre este tema cunha proposta que debe aprobar o Parlamento e o Consello para poder usar esta tecnoloxía con seguridade e da que se poderán beneficiar tanto os agricultores como os consumidores.

Distingue dous tipos de cambios nos xenes. Por unha banda, aqueles que serían asimilables á variabilidade natural con supresións, incorporacións ou modificacións lixeiras de grupos de xenes.

Neste debate, unha terceira voz debería de oírse, a máis importante, a dos enxeñeiros agrónomos que deberán avaliar esas plantas, asegurándose de que as novas xeracións de seres humanos terán alimentos de igual calidade que as anteriores, pero con vantaxes desde o punto de vista de, por exemplo, menores necesidades de uso de fitosanitarios, menor consumo de auga ou maior conservación, sen poñer en perigo o medio ambiente e preservando en todo momento a biodiversidade e o patrimonio xenético construído durante millóns de anos pola natureza e a selección polos seres humanos.

Esas plantas serían equiparables a plantas convencionais (plantas NGT). No outro extremo outras plantas editadas con cambios máis profundos terían o mesmo tratamento legal que os organismos transxénicos (NGTs).

Nesta revolución tecnolóxica que se aveciña dous grupos de actores alcanzan a maior visibilidade nos medios de comunicación. Por unha banda os xenetistas, como o microbiólogo español Francisco Juan Martínez Mojica, descubridor da CRISPR (acrónimo en inglés de Secuencias Palindrómicas Repetidas Espazadas Regularmente e Agrupadas, mellor imos chamarlle “as tesoiras máxicas dalgúns organismos”) que permitiu máis adiante o desenvolvemento da edición xenética por parte de entre outros a E. Charpentier, J. Doudna e F. Zhang e que lles levou a gañar o premio nobel (o español é profesor na Universidade de Alacante). Por outro os grupos ambientalistas que mostran unha posición de extrema prudencia, cando non de oposición total, contra esta tecnoloxía, como xa o fixeron en contra dos transxénicos.

Neste debate, unha terceira voz debería de oírse, a máis importante, a dos enxeñeiros agrónomos que deberán avaliar esas plantas, asegurándose de que as novas xeracións de seres humanos terán alimentos de igual calidade que as anteriores, pero con vantaxes desde o punto de vista de, por exemplo, menores necesidades de uso de fitosanitarios, menor consumo de auga ou maior conservación, sen poñer en perigo o medio ambiente e preservando en todo momento a biodiversidade e o patrimonio xenético construído durante millóns de anos pola natureza e a selección polos seres humanos. Para esa tarefa serán precisos moitos enxeñeiros agrónomos que se enfrontan a unha tarefa da maior responsabilidade: fornecer aos agricultores os insumos cos que alimentar á poboación mundial. Sempre hai que lembrar que podemos vivir sen médicos, aínda que algúns morrerían, sen agricultores e agrónomos morreriamos case todos.

 

 

Se estás colexiado e apetéceche escribir sobre temas relacionados coa Enxeñería Agronómica ponte en contacto co Colexio.

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment