LEI 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia

09,30 h.-    O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, inaugurará unha xornada sobre a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. 

foto xoán crespo
21/05/2021
Jun 08 2021

LEI 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia

Lembrámosvos que o pasado venres 21 de maio publicouse no DOGA:

LEI 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia. Ver Disposición

O conselleiro do Medio Rural, José González, destacou as posibilidades que ofrece a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia cara a facilitar superficie a quen a desexe traballar. O conselleiro, lembrou que o texto legal  recolle o marco xeral para a xestión da terra agroforestal, a súa ordenación de usos e o fomento da súa recuperación. O fin que se persegue é poñer a producir as terras arestora abandonadas e infrautilizadas e aportarlle base territorial suficiente a aquelas explotacións existentes que a precisan. Así, definiu a norma como “unha caixa de ferramentas para tratar de acadar o obxectivo fundamental de poñer en valor a nosa terra”.

Ademais, José González salientou que a lei promove a continuidade das explotacións e a boa xestión das terras que as conforman. Todo isto fará posible anticiparse aos lumes forestais, traballar pola recuperación demográfica e polo asentamento no rural e mellorar a calidade de vida da poboación. O titular de Medio Rural sinalou que con esta norma contémplanse solucións á dispersión e ao pequeno tamaño das parcelas, que comporta dificultades técnicas para o cultivo mecanizado. Ademais, recordou que o enorme grao de descoñecemento da titularidade dos predios complica os procesos de mobilización, polo que a lei facilitará moito neste caso a súa xestión.

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment