Los agrónomos gallegos aprueban las cuentas de 2018 en la Junta General celebrada en Chantada, donde visitaron ‘Custom Drinks’, firma de la Corporación Hijos de Rivera

Jun 22 2019

Los agrónomos gallegos aprueban las cuentas de 2018 en la Junta General celebrada en Chantada, donde visitaron ‘Custom Drinks’, firma de la Corporación Hijos de Rivera

Este sábado 22 de xuño celebrouse en Chantada a Xunta Xeral Ordinaria do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, na que, #ante uns 25 colexiados, o decano, Pedro Calaza, presentou o informe do exercicio e aprobáronse as contas correspondentes ao ano 2018.
Posteriormente, José Luis Olmedo, xestor de proxectos de innovación da Corporación Hijos de Rivera (á que pertence a cervexeira Estrela Galicia), explicou o proceso de produción de sidra e cervexa que se desenvolve noutra das empresas da Corporación: Custom Drinks, cuxa factoría visitaron os asistentes á Xunta despois de comer. Nesta fábrica prodúcense todas as bebidas (sidra ecolóxica Maeloc, cervexas especiais de Estrela Galicia como as que teñen sabor a pementos de Padrón ou a percebes, ou o vermut Rivera, último produto lanzado ao mercado por Hijos de Rivera) que comercializa esta empresa nos seus locais da Tita Rivera.
Desde o COIAG queremos agradecer á Corporación Hijos de Rivera e á propia Custom Drinks a súa amabilidade e interese por explicarnos o proceso de elaboración dos seus produtos. A empresa representa de maneira excelente moitos dos principios da Enxeñería Agronómica a través dunha cadea que vai desde a organización da materia prima á comercialización pasando pola elaboración. E sempre mostrando un amor polo campo e polos agricultores galegos, cuxo traballo axudan a dignificar mediante a posta en marcha de diferentes proxectos no ámbito rural que dan valor ao que producen.

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment