Lourdes Mesías gaña o primeiro premio Fin de Carreira San Cidre 2021 que concede o Coiag cunha proposta de ampliación dunha adega da DO Ribeira Sacra incorporando placas solares

Os gañadores posan cos seus premios
Jun 10 2021

Lourdes Mesías gaña o primeiro premio Fin de Carreira San Cidre 2021 que concede o Coiag cunha proposta de ampliación dunha adega da DO Ribeira Sacra incorporando placas solares

Lourdes Mesías Gutiérrez foi a gañadora dos premios Fin de Carreira ‘San Cidre 2021’ que cada ano entrega o Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia aos estudantes da EPS Lugo. Mesías levou o primeiro premio (1.000 euros máis diploma acreditativo) grazas ao traballo ‘Ampliación da produción e estudo da incorporación de placas solares, para unha adega de 50.000 L. con D.O. Ribeira Sacra, no Polígono de Reboredo, en Monforte de Lemos (Lugo)’. O xurado dos premios destacou a gran calidade técnica da proposta de Lourdes Mesías, que resolve a necesidade de ampliación dunha adega da DO Ribeira Sacra, triplicando a súa produción e incrementando a súa competitividade e eficiencia enerxética coa utilización de paneis solares fotovoltaicos e térmicos.

Os premios deste 2021 entregáronse na sede da cervexeira galega Estrella Galicia no marco da presentación da Fundación Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia posta en marcha polo Coiag para promover o desenvolvemento da nosa comunidade desde o prisma da enxeñería agronómica.

O segundo premio (accésit e diploma acreditativo) foi para María Nerea Fernández Canto polo seu traballo ‘Verificación dun sistema que garanta a orixe das fariñas e pan de trigo autóctonos de Galicia mediante o uso de marcadores moleculares e técnicas microscópicas’. neste caso, o xurado, subliñou o aporte á mellora do coñecemento desta proposta co emprego de técnicas microscópicas e de PCR específicas para garantir a orixe e a porcentaxe de fariñas autóctonas e, deste xeito, a trazabilidade do pan amparado pola IXP pan Galego.

Finalmente, Miguel Fernández Labrada conseguíu o terceiro premio (accésit e diploma acreditativo) co seu traballo ‘Dixestión anaerobia do xurro para produción de biogás. Consecuencias no valor fertilizante’. O xurado destacou a calidade deste traballo no eido da enxeñería agronómica e a súa análise do valor fertilizante do sustrato da dixestión anaerobia para a produción de biogás de diferentes xurros, unha técnica en auxe nos últimos anos na Unión Europea.

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment