
O noso Decano, Pedro Calaza foi elixido como presidente da Asociación Española de Parques e Xardíns Públicos (AEPJP)
O noso Decano, Pedro Calaza foi elixido como presidente da Asociación Española de Parques y Jardines Públicos (AEPJP) nas eleccións a Xunta Directiva celebradas no marco do 49º Congreso PARJAP, que tivo lugar durante estes días no centro de innovación A Nave, en Madrid.
O novo presidente sinalou entre os proxectos que se van a poñer en marcha o desenvolvemento dun modelo de ordenanza municipal “que incorporará unha visión vinculada á infraestrutura verde”. Unha actuación que responde á visión aprobada na Estratexia Europea de 2013 e que xa está recollida no ordenamento xurídico español, polo que ten que estenderse ás comunidades e concellos.