O noso delegado en Ourense pon no seu sitio ao presidente dos arquitectos da provincia

Manuel
Sep 06 2019

O noso delegado en Ourense pon no seu sitio ao presidente dos arquitectos da provincia

 

O noso delegado en Ourense pon no seu sitio ao presidente dos arquitectos da provincia

Manuel González Sarria, respondeu con elegancia ao seu homólogo no colexio de arquitectos de Ourense, Rafael Castro, que hai uns días permitiuse o luxo de dicir en La Voz de Galicia que os enxeñeiros agrónomos non sabemos que é unha zapata. Tras ler o contido do artigo de Castro, o noso delegado decidiu escribir unha resposta que A voz de Galicia publicou recentemente. No texto déixanse claras algunhas cousas que, ao parecer, non sabía o presidente dos arquitectos ourensáns.

Con este artigo, González Sarria dá resposta ao profundo malestar que xeraron nos enxeñeiros agrónomos unhas afirmacións realizadas o 25 de agosto no mesmo periódico. Nelas, Castro cuestionaba a capacidade dun enxeñeiro agrónomo para desenvolver proxectos de edificación con estas palabras: “ Agora, se un profesional quere facer unha nave industrial para a súa empresa, un enxeñeiro agrónomo pode asinar ese proxecto aínda que non saiba ou que é unha zapata”.

Deixámosvos o artigo a continuación:

voz

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment