O Coiag pon en marcha a Fundación Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia co obxectivo de promover o desenvolvemento da comunidade desde a perspectiva da enxeñería agronómica
O 5 de xuño constituíuse a Fundación Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia, un órgano creado polo Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia do que tamén forman parte, como membros de honra, a
Trátase dunha Fundación de interesa galego, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia que se propón, desde a perspectiva da enxeñería agronómica, promover o desenvolvemento de Galicia a través da sostibilidade, así como mellorar a xestión dos recursos naturais da nosa comunidade, a conservación dos seus ecosistemas e a defensa do medio natural. Estes obxectivos están aliñados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostenible da Axenda 2030 de la ONU (en cuxa consecución traballarála Fundación mediante a promoción da investigación, o desenvolvemento, a innovación e a divulgación) cos intereses xerais debuxados por organizacións como a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO polas súas siglas en inglés).
“A Fundación é un pilar clave para fortalecer, de xeito directo e máis áxil, a aposta humanística da enxeñería agronómica en Galicia para acadar un territorio máis resiliente e mellor xestionado en canto a recursos e a súa explotación”, sinalou Pedro Calaza, presidente da Fundación e decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, no acto de presentación desta nova organización, que tivo lugar na sede da cervexeira galega Estrella Galicia, ubicada na Coruña.
Dar pulo e mellorar Galicia desde un punto de vista económico e social
A Fundación desenvolverá liñas de investigación, innovación e divulgación para dar pulo e mellorar Galicia desde un punto de vista económico e social. Tamén explorará a súa participación en proxectos colaborativos e organizará conferencias, xornadas e cursos sobre temas relacionados coa enxeñería agronómica, como o desenvolvemento de sistemas máis eficientes e sostibles, o deseño dunha planificación territorial máis resiliente, a infraestrutura verde…
Do mesmo xeito, realizaranse guías metodolóxicas ou orientativas para poñer en marcha traballos específicos adaptados ás características de Galicia, organizaránse actos de interese en colaboración con outras entidades institucionais e universitarios e se promoverán convenios específicos con institucións públicas e privadas.
A través de becas, premios, eventos e divulgación, a Fundación promoverá tamén aos profesionais do sector agrícola en pos de acadar unha produción agropecuario sostible, racionalizar os sistemas alimentarios e conservar os ecosistemas, a paisaxe e os recursos.
Con todo isto, a Fundación pretende aportar beneficios a toda a sociedade galega, a colectivos específicos e profesionais vencellados á agricultura, a gandería, a alimentación e a pesca, así como a administracións e entidades públicas ou privadas, relacionados ao desenvolvemento rural.