O Consello Galego de Enxeñerías, ao que pertence o COIAG, presenta ao presidente Feijóo nunha reunión na que estivo o noso decano Pedro Calaza, 107 medidas que, dende a óptica das diferentes ramas da Enxeñería, axudarían ao desenvolvemento de Galicia

calaza
feb 22 2019

O Consello Galego de Enxeñerías, ao que pertence o COIAG, presenta ao presidente Feijóo nunha reunión na que estivo o noso decano Pedro Calaza, 107 medidas que, dende a óptica das diferentes ramas da Enxeñería, axudarían ao desenvolvemento de Galicia

O Consello Galego de Enxeñerías, ao que pertence o Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, mantivo o xoves, 21 de febreiro, unha xuntanza co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nüñez Feijóo, para presentarlle 107 medidas que, dende a óptica das diferentes ramas da enxeñería, axudarían ao desenvolvemento de Galicia. Á reunión, celebrada no despacho do presidente en San Caetano, asistiu o decano do Coiag, Pedro Calaza, así como os outros sete decanos dos colexios de enxeñeiros que forman o Consello Galego de Enxeñerías e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.
O presidente do CGES, Oriol Sarmiento Díez, explicou que o documento coas 107 medidas “xorde da visión que ten cada enxeñería agrupada no CGES acerca das cuestións de importancia para o desenvolvemento e mellora da nosa contorna a nivel rexional pero desde un prisma global. Por iso, condensamos ese catálogo de intereses, prioridades e oportunidades en 20 temáticas e máis de 100 medidas que buscan un futuro mellor, seguro e viable”.

O Consello Galego de Enxeñerías presentará este documento ao público en próximas datas.

Oriol Sarmiento salientou a “boa receptividade amosada polo presidente da Xunta, pois temos constancia de que é consciente da importancia destas cuestións á hora de programar o futuro da nosa sociedade, que xa ten avanzado moito”. O presidente do CGES destacou tamén o avance e a transformación experimentada por Galicia nos últimos anos, onde a enxeñería xogou un importante papel, e apuntou que o documento “recolle unha serie de oportunidades que dende a Enxeñería cremos que poden supoñer un elemento de competitividade e de desenvolvemento para Galicia e para os galegos”.

Neste sentido, os membros do CGES destacaron que a asociación conta con máis de 5.000 profesionais de alta formación e cualificación a nivel internacional, dispostos e preparados para resolver problemas.

Á reunión co presidente da Xunta, ademáis do decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, Pedro Calaza, asistiron Oriol Sarmiento Díez, presidente do CGES e decano do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia; Antonio López Blanco, vicedecano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia; Julio Sánchez Agrelo, vicesecretario do CGES e decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia; Juan José Iglesias Suárez, tesoureiro do CGES e decano da Delegación de Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste; José Joaquín de Troya Calatayud, vogal do GES e decano da delegación territorial de Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais; e Juan Picos Martín, vogal do CGES e decano da Demarcación de Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Montes.

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment