O Decano reflexiona sobre a importancia do CIAM

629666885_1349021910574423_5259947694815955485_n (1)
Feb 12 2026

O Decano reflexiona sobre a importancia do CIAM

Informamos de que no día de hoxe o diario La Voz de Galicia publica un artigo do Decano no que se reflexiona sobre a importancia estratéxica da investigación agraria e analízase a situación actual do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM).

No artigo lémbrase o papel histórico do CIAM como referente da investigación agraria en Galicia e advírtese da progresiva deterioración do centro, sinalando a necesidade de investimento, planificación estratéxica e renovación de persoal investigador para garantir o seu futuro nun contexto de profunda transformación tecnolóxica e ambiental do sector primario.

Investigación agraria en Galicia: ¿la ciencia es poder?

aKEUFkww5YRq0eh1Banco de sementes do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

Así mesmo, anéxase o Manifesto de Apoio ao CIAM, que nos fixeron chegar promovido por profesionais do ámbito agrario, no que se expón a traxectoria histórica do centro, as súas principais achegas científicas e a preocupación existente pola falta de impulso institucional nos últimos anos. O documento subliña que sen investigación agraria non hai innovación, sustentabilidade nin futuro para o campo galego.

As persoas interesadas en apoiar o manifesto poden facelo a través da seguinte ligazón:

Manifiesto de Apoyo al CIAM

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment