El Parlamento de Galicia aprueba la Ley de mejora de la gestión del ciclo del agua que entrará en vigor este verano con el apoyo del PPdeG y el voto en contra de BNG y PSdeG

ciclo
Jun 29 2022

El Parlamento de Galicia aprueba la Ley de mejora de la gestión del ciclo del agua que entrará en vigor este verano con el apoyo del PPdeG y el voto en contra de BNG y PSdeG

O Parlamento de Galicia vén de aprobar este martes 28 de xuño a Lei de mellora da xestión do ciclo da auga co apoio do Partido Popular de Galicia e o voto en contra de BNG e PSdeG. Nos vindeiros días publicarase o novo texto no Diario Oficial de Galicia para que a lei poda entrar en vigor este mesmo verán.
O Goberno galego defende que a nova lei ofrece unha xestión profesional e de calidade e da resposta á demanda de axuda dos concellos para xestionar este servizo, que é da súa competencia. Así mesmo, apunta como obxectivos principais da nova normativa o uso racional dos recursos hídricos, optimizar as redes de saneamento e depuración, e ofrecer aos concellos con dificultades un modelo de adhesión para que cedan, se así o deciden de xeito voluntario, a xestión dos seus sistemas de saneamento, abastecemento ou depuración a Augas de Galicia.

BNG e PSdeG, en contra

Os partidos da oposición, BNG e PSdeG, amosaronse moi críticos coa nova lei. Luís Bará, do BNG, sinalou que a lei «sube unha vez máis os impostos ás familias e os fogares» e criticou que a aprobación do texto «sen ter en conta a opinión do municipalismo, sen cumplir o pacto local da auga anunciado en 2015 e en contra das comunidades veciñais de traídas da auga».

Pola súa banda, a deputada do PSdeG Begoña Rodríguez subliñou que «de súpeto aparecen o canon de xestión de depuradoras, o canon de xestión de redes de colectores e o novo canon de abastecemento».

José Manuel Rey, do Partido Popular de Galicia, respostou ás críticas negando a suba de taxas. «Se algún escoita a algún grupo falar de sablazo pensará que a xente en Galicia non paga pola agua e isto non é verdade. Aquí o que se fai e substituír taxas para aqueles concellos que libremento o decidan por outros conceptos».

 

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment