Organigrama

O Colexio está rexido e administrado pola Xunta Xeral e pola Xunta de Goberno.

A Xunta Xeral é o órgano superior de expresión da vontade do Colexio; forman parte dela a totalidade dos colexiados non suspendidos no exercicio dos seus dereitos corporativos.

A Xunta de Goberno é o órgano encargado da execución dos acordos da Xunta Xeral e asume a dirección e administración do Colexio, con suxeción ao establecido nos presentes estatutos. A Xunta de Goberno estará integrada polo decano, o secretario, o interventor, un delegado por cada provincia e dous vogais. Un dos cargos de vogal poderá reservarse a colexiados que non se encontren en activo no exercicio da profesión. Os membros da Xunta de Goberno, Comisión Permanente e outras comisións ou serano a título gratuíto, aínda que non oneroso. Os cargos elíxense democraticamente, renovándose conforme o indicado nos Estatutos.

XUNTA DE GOBERNO