Participación do Decano no 48º Congreso PARJAP Zaragoza 2022

FTG4y40XoAAjPI3
May 19 2022

Participación do Decano no 48º Congreso PARJAP Zaragoza 2022

No próximo Congreso # PARJAPZaragoza2022 poderedes asistir o día 26 de maio ao relatorio “Métrico e cuantificación de SSEE en bosques urbanos” do noso Decano, Pedro Calaza Martínez, Cynnamon Dobbs Brown e Francisco Escobedo.
A AEPJP e o Concello de Zaragoza presentan o 48º Congreso PARJAP Zaragoza 2022, baixo o título ‘Bosques Urbanos: a trama verde para a cidade sostible’.
Este evento terá lugar os días 25, 26 e 27 de maio de 2022 no Auditorio de Zaragoza. Os núcleos temáticos do congreso serán: a planificación e implementación dos bosques urbanos; a naturalización urbana, xestión evolutiva e economía circular; o capital natural como recurso de cidade sostible; e a infraestrutura verde como ferramenta de planificación e desenvolvemento urbano.

+Info

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment