PIC

Punto de Información Catastral (PIC) do COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS AGRÓNOMOS DE GALICIA , con localización en C/ LUÍS LÓPEZ CASANEGRA 5, 15006 A Coruña, e data de apertura 03/10/2022.

Horario de atención ao público de luns a venres de 10:30 a 13:30 horas.

En base ao Convenio co Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñeiros Agrónomos no que se acordou que os servizos que se prestarían a través dos PIC dos respectivos Colexios de Enxeñeiros Agrónomos, son os establecidos nas letras a), b), c) d), e) e h) da Resolución do 15 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral do Catastro, pola que se aproba o réxime de establecemento e funcionamento dos Puntos de Información Catastral.

Apróbanse os seguintes importes da contraprestación económica pola expedición de certificados para o PIC do COIAG” con impostos incluídos:

Para as certificacións catastrais literais de bens urbanos: 4,52 € documento + 4,52 € por ben inmoble incluído. (*)

Para as certificacións catastrais literais de bens rústicos: 4,52 € documento + 4,52 € por parcela incluída. (*)

Para as certificacións descritivas e gráficas referidas unicamente a unha unidade urbana ou unha parcela rústica: 17,97 € documento. (*) (**).

(*) Aplicaráselle a bonificación do 100 % aos colexiados durante o 2022, e finais de cada ano fixaranse as bonificacións para o ano seguinte.

(**) Cando as certificacións descritivas e gráficas incorporen, a pedimento do interesado, datos doutros inmobles (por exemplo, linderos), a contía incrementarase en 4,48 € por cada inmoble.

Para as certificacións negativas de bens 0,00 €