PORTELO TRANSPARENCIA

En aplicación da lei 19/2013 do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno está previsto que as Corporacións de Dereito Público como os Colexios Profesionais, en canto ás súas actividades suxeitas a Dereito Administrativo, estean suxeitos ao réxime de publicidade activa e pasiva que nela establécese. Esta Lei ten por obxecto ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, regular e garantir o dereito de acceso á información relativa a aquela á actividade das corporacións de dereito público suxeito a dereito administrativo. Este portal vai ser unha plataforma onde ser poderá acceder á información institucional, organizativa, económica e orzamentaria relativa aos actos de xestión administrativa actualizada e de maior relevancia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia. O acceso a esta información garante a transparencia da actividade relacionada co funcionamento e control da actuación pública. O portal está dirixido aos enxeñeiros agrónomos ou cidadáns que desexen obter información relativa ao funcionamento do Colexio, normas, información económica, etc… ou realizar trámites relacionados co Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia.