Premios de Investigación Ernesto Viéitez 2020

Icono-copy
Jun 11 2020

Premios de Investigación Ernesto Viéitez 2020

A RAGC convoca os Premios de Investigación Ernesto Viéitez 2020, en as súas dúas modalidades de Premio a un Traballo de Investigación, dotado con 6000€, e de Promoción de Investigadores Mozos, menores de 30 anos, dotado con 2000€. O prazo da convocatoria rematará o 1 de xullo de 2020.
Os Premios de Investigación da Academia convócanse anualmente en dúas modalidades: Premio a un Traballo de Investigación científico-técnica realizado por investigadores consolidados e Premio dedicado á Promoción de Investigadores Mozos, a un traballo de investigación científico-técnica realizado por investigadores menores de 30 anos.
Os premios teñen como primeiro obxectivo o producir impacto na Sociedade galega e sensibilizala  sobre o valor socioeconómico do coñecemento, á vez que recoñecer e estimular o traballo dos investigadores.

Información

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment