RENOVACIÓN DO SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL PROFESIONAL
Renovamos o Seguro de Responsabilidade Civil Profesional do COIAG para que sigas exercendo coa tranquilidade de sentirte acompañado.
O próximo día 1 de abril de 2026 producirase a renovación do Seguro de Responsabilidade Civil profesional que o Colexio ten subscribido con Mapfre, compañía aseguradora de primeiro nivel, e intermediado por Howden Iberia.
Exercer con tranquilidade tamén é unha responsabilidade.


