Representantes do Coiag e da Fundación Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia reúnense co conselleiro de Medio Rural para estudar liñas de colaboración a prol do rural galego

231017_cons_MR_enxeñeiros_agronomos_2
Oct 18 2023

Representantes do Coiag e da Fundación Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia reúnense co conselleiro de Medio Rural para estudar liñas de colaboración a prol do rural galego

Unha representación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia e da Fundación Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia, formada por Pedro Calaza (decano do Coiag e presidente da Fundación), Alejandra Álvarez de Mon Rego (secretaria do Coiag) e José Antonio Rivas (xerente da Fundación) reuníronse na sede da Xunta en Santiago co conselleiro de Medio Rural, José González, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, para estudar vías de colaboración a prol do rural galego.

No encontro abordáronse distintas iniciativas nas que poderían participar tanto o Coiag como a Fundación. Entre elas destacan as relacionadas coa aplicación e desenvolvemento das diferentes ferramentas contempladas na Lei de Recuperación da Terra Agraria de Galicia, como os polígonos agroforestais ou as aldeas modelo.

Na xuntanza tamén se acordou potenciar o labor que desenvolve a Fundación Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia posta en marcha en 2021.

 

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment