
Reunión Comisión Secretarios Técnicos
O Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia participou hai uns días na reunión da Comisión de Secretarios Técnicos e do Exercicio Profesional do Consejo General de Colegios Oficiales de Ingenieros Agrónomos, encontro cuxo obxectivo é abordar melloras dos servizos aos colexiados. Entre os temas que se trataron figuran os requisitos e competencias para que os estudantes do máster universitario poidan acceder á profesión unha vez finalizados os seus estudos, as competencias profesionais dos enxeñeiros agrónomos, a defensa profesional ou a formación continua dos colexiados. A Comisión está composta polos 12 secretarios técnicos dos colexios profesionais de agrónomos. Pedro Morilla, decano do Colegio Oficial De Ingenieros Agronomos Del Principado De Asturias, é o seu presidente; e Pedro Lara, decano do Colegio de Ingenieros Agrónomos de La Rioja, o seu vicepresidente.