Reunión de secretarios técnicos e da Comisión de Formación Agrónomos en Valladolid

473628923_1032933025516648_753168680383635487_n
Jan 24 2025

Reunión de secretarios técnicos e da Comisión de Formación Agrónomos en Valladolid

José Antonio Rivas, secretario técnico do noso colexio, participou os días 20 e 21 deste mes nas reunións de carácter técnico que, coordinadas polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñeiros Agrónomos (CGCOIA), tiveron lugar en Valladolid, na sede do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Castela e León e Cantabria.

Durante os encontros tratáronse temas fundamentais para os Enxeñeiros Agrónomos colexiados, incluíndo entre outros, os requisitos e competencias para que os estudantes do máster universitario poidan acceder á profesión unha vez finalizados os seus estudos (ordes CIN), o catálogo de competencias profesionais dos enxeñeiros agrónomos, traballos profesionais, comunicación sobre promoción da enxeñería agronómica, defensa profesional, análise de sentenzas xurídicas, Seguro de Responsabilidade Civil, mellora dos servizos colexiais e formación continua dos nosos colexiados.

Tamén se puxo en común a mellora dos servizos aos colexiados, tanto profesionais como colexiais que cada colexio realiza, destácase o éxito do traballo en equipo e a unión entre todos os colexios, e unificación de criterios en canto a defensa da profesional dos enxeñeiros agrónomos.
Doutra banda, a Comisión de Formación Agrónomos, que está composta polos doce Colexios de Enxeñeiros Agrónomos e o seu Consello Xeral, reuniuse presencialmente o 20 de xaneiro. O portal de formación agrónomos continúa a súa vocación de formación continuada de calidade, que axude a alcanzar un grao de competitividade elevado no mercado dos servizos profesionais.
A oferta de Formación Agrónomos, téntase adaptar ás novas tecnoloxías e inquietude de coñecementos demandada polos nosos colexiados con cursos que potencian tanto o coñecemento específico da nosa profesión como o desenvolvemento de habilidades transversais.
 

 

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment