REUNIÓN TÉCNICA AGRÓNOMOS

20190301_113610(0)
Mar 08 2019

REUNIÓN TÉCNICA AGRÓNOMOS

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia participou nunha reunión de carácter técnico na que todos os Colexios de Enxeñeiros Agrónomos de España, coordinados polo seu Consello Xeral, abordaron diversos asuntos con obxecto de mellorar os servizos aos colexiados, tanto profesionais como colexiais. Tratáronse temas de gran interese para os Enxeñeiros Agrónomos destancando entre outros, traballos profesionais, comunicación, defensa profesional, seguro de responsabilidade civil, certificación profesional, colexiación e formación continua …

A reunión estivo presidida por Álvaro Morilla, decano do Colexio de Asturias, e á que asistiron os secretarios técnicos dos 12 Colexios Oficiais de Enxeñeiros Agrónomos e o Secretario Técnico do Consello Xeral. Destacamos o gran esforzo e traballo que están a realizar os Colexios Oficiais de Enxeñeiros Agrónomos para traballar unidos co obxectivo común de mellorar os servizos que desde a organización colexial ofrécese aos colexiados.

É necesario resaltar os efectos positivos que esta coordinación ten para os colexiados: mellora na defensa competencial (está prevista a reunión de asesores xurídicos para coordinar actuacións neste sentido), plan formativo común ( a través da plataforma de formacion agronomos), mellora da póliza de Responsabilidade Civil e incrementar a atención ao colexiado.

Durante o encontro de secretarios técnicos celebrouse unha homenaxe a Joan Guim, que finalizou a súa vida laboral a principios deste ano como Secretario Técnico do Colexio de Cataluña, e ao que todos os compañeiros agradecemos a súa dedicación á profesión e á organización colexial.

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment