Necesítanse enxeñeiros agrónomos, un sector atractivo, tecnolóxico e de futuro

E_UOoruXoAQEvCi
Sep 17 2021

Necesítanse enxeñeiros agrónomos, un sector atractivo, tecnolóxico e de futuro

 

Necesítanse enxeñeiros agrónomos, un sector atractivo, tecnolóxico e de futuro

A crecente demanda de profesionais cualificados e a escaseza de alumnos que cada ano superan o Máster de Enxeñería Agronómica fai difícil cubrir os postos de traballo que ofertan as empresas agroalimentarias.

Dedícanse a proxectar, planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agrario e alimentario. A súa formación lles cualifica para dirixir explotacións, planificar os cultivos -variedades, tipo de rega, prácticas agronómicas…- e mellorar as colleitas. Xestionan instalacións agropecuarias, fomentan o benestar dos animais e están capacitados para abordar a comercialización da produción agraria. Son requiridos para a realización de proxectos de obra de construcións agroindustriais e para controlar o funcionamento de invernadoiros, fábricas de penso, almacéns, plantas de envasado, adegas, industrias lácteas ou almacéns cárnicos. Coñecen a tecnoloxía do sector, teñen oco na investigación e a docencia e ocupan cargos destacados nas administracións naquelas materias relacionadas co desenvolvemento da agricultura, a gandería, a agroindustria e o medio rural en xeral.

Falamos dos enxeñeiros agrónomos, uns profesionais multidisciplinares cada vez máis requiridos polo sector agroalimentario, desde a produción primaria, ata a industria alimentaria e a distribución.

+ Información

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment