Sergio García Louzao, cun proxecto de estabulación para 75 vacas en muxiduría en Filgueira (Lalín), gaña os Premios Fin de Carreira San Cidre 2019 do Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia

portada
may 14 2019

Sergio García Louzao, cun proxecto de estabulación para 75 vacas en muxiduría en Filgueira (Lalín), gaña os Premios Fin de Carreira San Cidre 2019 do Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia

Sergio García Louzao, cun proxecto de estabulación para 75 vacas en muxiduría en Filgueira (Lalín) foi o gañador dos Premios Fin de Carreira San Cidre 2019 que outorga o Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia coa colaboración da Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo. Sergio, deste xeito, gañou os 1.000 euros do primeiro premio e un diploma acreditativo.

En segundo lugar quedou Marta Rodríguez Fernández cun proxecto de xestión de grandes superficies de viña mediante o emprego de imaxes multiespectrais de uavs e satélites.

60026765_1403857406423435_4726672510668505088_o

Ámbolos dous estudantes recibiron os galardóns o luns 13 de maio nun acto no que tamén se entregaron os diplomas e insignias aos titulados nas convocatorias de xuño de 2018 a febreiro de 2019. Asimesmo houbo dous conferencias a cargo do decano do Coiag, Pedro Calaza, e de Manuel González Sárria, membro da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Velaquí tedes algunhas imaxes do acto e o programa do mesmo.

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment