Simposium “Urban Solutions”
O Simposium “Urban Solutions” celebrará a súa segunda edición en Santiago o próximo mes de outubro.
- O Simposium Urban Solutions celebrarase na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, organizado por Cluergal (Agrupación industrial de Enerxías Renovables de Galicia).
- No evento participarán diferentes especialistas no ámbito da enxeñería urbana que darán a coñecer as necesidades actuais das cidades e as súas solucións, e os novos modelos que se están adaptando.
- Dividirase en seis bloques temáticos que tratarán sobre enerxía, mobilidade, iluminación, parques, infraestruturas e sustentabilidade.
Durante os días 4, 5 e 6 de outubro, o Clúster de Enerxías Renovables de Galicia, (CLUERGAL) organizará a segunda edición do Simposium “Urban Solutions”. Trátase dunha cita sectorial única no seu ámbito que reunirá de novo a empresas, profesionais e administracións ao redor de seis bloques temáticos relacionados coas cidades: enerxía, mobilidade, iluminación, parques, infraestruturas e sustentabilidade.