TALLERES DE PARTICIPACIÓN PÚBLICA PARA O DESEÑO DA INFRAESTRUCTURA VERDE DA ÁREA DA CORUÑA

IVC_modificado-595x335
Feb 19 2018

TALLERES DE PARTICIPACIÓN PÚBLICA PARA O DESEÑO DA INFRAESTRUCTURA VERDE DA ÁREA DA CORUÑA

TALLERES DE PARTICIPACIÓN PÚBLICA PARA O DESEÑO DA INFRAESTRUCTURA VERDE DA ÁREA DA CORUÑA

O próximo martes 20 de febreiro, a partir da 19:00 horas da tarde, desenvolverase na Casa do Concello de Paderne un taller participativo para o deseño da Infraestrutura Verde da Área da Coruña. Este obradoiro, aberto a todas aquelas persoas e entidades interesadas, en especial ás pertencentes aos concellos de Paderne e Irixoa, será o primeiro dunha serie de actividades de participación pública que se realizarán por todo o ámbito desta iniciativa, que continuarán o próximo xoves 22 no Concello de Abegondo, e que buscarán recoller as ideas e opinións da poboación para a mellora e conservación do medio ambiente e as áreas naturais desta zona.

Ademais destes obradoiros que se realizarán de forma local polos diferentes concellos, organizaranse para os meses de marzo e abril unha serie de xornadas temáticas específicas para recoller as propostas dos diversos sectores involucrados no proxecto (medio ambiente, agrario, forestal, enerxía e infraestruturas, urbanismo e arquitectura, turismo, etc.).

Tríptico

Taller Paderne

Taller Abegondo

0 Comments
Share Post
No Comments

Post a Comment